Xoana no Festival de Cans

“Mártires” obtivo o premio do público ó mellor videoclip no Festival de Cans! Preme aquí para ver no instagram de Xoana o momento no que ela e Andreia Táboas foron premiadas polo seu traballo.

Xoana no Primavera do Cine

O festival internacional Primavera do Cine, que ten lugar en Vigo, escolleu o videclip de “Mártires” coma un dos finalistas para a súa sección de videoclips. Podes velo aquí!

Xoana nos Premios MIN

O álbum Dardos foi escollido como finalistas dos Premios MIN na categoría a mellor álbum en galego! A entrega de premios realizouse no Teatro Price de Madrid. Podes ver aquí o paso de Xoana pola alfombra dos Premios MIN.  

Xoana no Maketon dos 40 Vigo

O sábado 16, Salva Ronko entrevistou a Xoana no Maketon dos 40 Vigo e promocionaron o traballo da cantante e o concerto dese mesmo día no Auditorio Municipal do Concello de Vigo. Preme aquí para escoitar a entrevista de radio completa!

Xoana no Telexornal da 1

o 14 de febreiro, a cantante galega saíu no Telexornal da 1 con motivo da participación nos Premios MIN como semifinalista en sete categorías polo seu primeiro traballo musical Dardos. Podes visualizar ese espazo do programa se premes aquí.  

Xoana no Faro de Vigo

A. Leyenda escribe no Faro de Vigo sobre Xoana e a súa participación nos Premios MIN, onde a cantante entrou en sete das categorías a través da votación popular, entre elas o mellor álbum en galego! Preme aquí para ler o artigo completo.

Xoana en Galiza Emigrante

O programa de radio Galicia Emigrante fala dende Arxentina de Xoana e dos seus Dardos! Na columna de música de Jose Lemur soan as cancións desta nova cantante galega e coméntase así o seu traballo musical. Preme aquí para escoitar o programa!

Xoana en Cultura Galega

O debut de Xoana en Compostela é noticia en Cultura Galega, onde lle adican unhas liñas para falar do traballo desta nova cantante galega! Preme aquí para ler a publicación.