28 Novembro, 2018

Biografía

O meu nome é Xoana e o proxecto que me ocupa resúmese nunha única idea: traballar por un galego que derrube fronteiras e estea libre de prexuízos.

Estas palabras son as que me repito día a día para seguir esforzándome e crendo no proxecto musical que iniciei coa intención de ser a miña carta de presentación no mundo da música.

Cos meus 20 anos estou a dar os primeiros pasos neste longo camiño, mais sempre coa mesma idea presente: achegar variedade musical na nosa lingua cun pequeno gran de area.

Non teño moito que contar dos meus inicios, mais si que espero que sexan o comezo dunha longa experiencia musical na que todos e todas esteades presentes.